Aviso legal

 

As presentes condicións regulan a páxina web www.cartadosreismagos.com, que Solnet Telecom, SL (en diante, Solnet ou www.cartadosreismagos.com) pon á disposición dos usuarios. O uso desta páxina web implica a aceptación dos termos e das condicións de uso aquí sinaladas. Solnet reserva para si o dereito a cambiar as condicións de uso desta páxina web cando o considere conveniente, así como o dereito de suspender, interromper ou cesar as operacións deste sitio web, cando o considere oportuno.

 

1. As nosas cartas Pode ver aquí as características concretas das cartas que se enviarán .

 

2. Prezos Todos os prezos dos pedidos inclúen o 21% de IVE e os gastos de envío por correo postal ordinario. Un euro do diñeiro de cada carta comprada a través desta web destinarase aos proxectos que Aldeas Infantís SOS ten en España e no mundo.

 

3. Pagamentos e Paypal www.cartadosreismagos.com elixiu Paypal, a plataforma de pagamento máis estendida e segura na internet. Con Paypal, poderás utilizar a maioría das principais tarxetas de crédito e débito: Visa, MasterCard, Visa Electron, e outras. Ademais, se o prefires, poderás utilizar a túa conta bancaria para realizar o pagamento mediante transferencia en liña. Nota importante: non se necesita ser cliente de Paypal para pagar a través desta pasarela bancaria, senón que o proceso de pagamento se realiza coa súa tarxeta de débito ou crédito, como en calquera outra pasarela de pagamento de calquera banco. Opcionalmente, ao final do proceso de pagamento, vostede pode facerse membro de Paypal. Para máis información, faga clic aquí.

 

4. Pedidos e envíos Os menores de 18 anos non poden facer pedidos conforme a lexislación española de comercio electrónico. Facemos envíos a todo o mundo. Recomendamos encarecidamente que non faga pedidos despois do 28 de decembro, se vostede vive na CEE (Comunidade Económica Europea). Se vostede vive fóra da CEE, non realice pedidos despois do 15 de decembro. Vostede pode facer o pedido con posterioridade, ata o 28 de decembro, pero para unha maior garantía de que chegará antes do día de Reis, é necesario que elixa o envío por correo postal urxente.

 

5. Devolucións e garantía www.cartadosreismagos.com garante os seus produtos cunha garantía de 20 días. Se por calquera razón vostede non está contento cos nosos produtos ou servizos, simplemente fáganolo saber. Pode devolver a mercadoría recibida no seu sobre orixinal e sen danos, emendas ou alteracións, dentro dos 20 días contados dende a data de envío. O primeiro que debe facer é contactar con nós, enviarémoslle un número de autorización para a devolución (RMA) e darémoslle as instrucións para a devolución. Non se fará ningunha devolución sen número de RMA. O número de RMA deberá estar ben visible no frontal do sobre que recibamos. Despois da recepción deste, Solnet procederá ao reenvío do produto ou á devolución do diñeiro.

 

6. Datos persoais e seguranza Os clientes que cubran e envíen os seus datos a través de calquera formulario da páxina web www.cartadosreismagos.com autorizan expresamente o uso e o tratamento da información enviada de acordo coa finalidade para a cal foron enviados: solicitude de información, contratación de servizos, ou calquera outro. O cliente responderá ademais, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados. Os datos facilitados nos distintos formularios deste sitio web poderán ser incorporados a un ficheiro automatizado creado por Solnet Telecom, SL, coa finalidade de dar un mellor servizo no que ten que ver coa relación comercial establecida co cliente. Solnet Telecom, SL é a mercantil titular da eventual base de datos xerada cos datos de carácter persoal subministrados polos clientes. De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos, Solnet Telecom, SL comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade e adoptará, para estes efectos, as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía. En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal, como cliente de Solnet Telecom, SL poderá en todo momento exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándonolo a Solnet Telecom, SL, rúa Ferrer del Río, 10, 4.º B -28028 Madrid (España), escribíndonos un correo electrónico ao enderezo santa@gruposolnet.com ou chamando por teléfono ao +34 91 402 39 98.

 

7. Responsabilidade e indemnizacións Solnet non será en ningún caso responsable polo uso que os usuarios ou terceiras persoas poidan facer deste sitio web ou dos seus contidos, nin polos danos que estes terceiros poidan ocasionar deste mal uso. O cliente acepta que a indemnización máxima que se lle pode reclamar a Solnet por feitos imputables a Solnet non pode exceder a cantidade pagada polo cliente.

 

8. Xurisdición aplicable As condicións do servizo ofrecido neste sitio web réxense polas leis españolas. Solnet Telecom, SL e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense para calquera controversia que se poida derivar do acceso, uso e contratación de produtos e servizos desta páxina web aos xulgados e tribunais da cidade de Madrid (España).

 

9. Comunicacións Todas as comunicacións con www.cartadosreismagos.com deben ser por correo electrónico. Vexa a nosa sección de “Contacto”.

 

10. Publicidade. Non compartimos os seus datos Vostede autorízanos expresamente a lle poder enviar información comercial relacionada cos produtos e servizos deste sitio web, así como ás dúas organizacións sen ánimo de lucro que colaboran connosco. En ningún caso compartimos os seus datos persoais con ningunha outra empresa.

 

11. Datos de contacto SOLNET TELECOM, SL Avd.Manoteras, 8 28050 Madrid España Tfno.: +34 91 4023998 santa@gruposolnet.com http://www.cartadosreismagos.com