Carta aos Reis Magos

 

Carta aos Reis Magos Escribir cartas aos Reis Magos é unha tradición do Nadal que se remonta no tempo.

Nestas cartas, os nenos de todo o mundo piden os seus xoguetes e xustifícanlles o seu bo comportamento aos Reis Magos.

 

Cada ano, miles de nenos e de nenas envíanlles cartas a través das caixas de correo aos Reis Magos, ou deposítanas en centros comerciais ou, máis recentemente, envíanas pola internet para que cheguen máis rapidamente. A tradición de lles escribir cartas aos Reis Magos é propia de España e doutros países de Hispanoamérica.

En moitos países doutras culturas diferentes, os Reis son substituídos por outros personaxes: Santa Claus (ou Papá Noel), sobre todo, e San Nicolau, nalgúns países de Europa.

 

A miúdo, os pais usan a carta aos Reis Magos como medio para corrixir condutas e comportamentos e fomentar esforzos mantidos no tempo, sobre a base dunha educación infantil centrada nas recompensas. Anualmente, moitos nenos envían cartas con peticións que se dirixen aos Magos, con enderezos tales como: Casa dos Reis Magos, Belén, Oriente..., seguindo a tradición. Servizos postais de varios países estableceron servizos para responder as cartas que se depositan nas caixas de correo, que son xestionadas por traballadores dos servizos de correos e tamén por voluntarios.

 

Hoxe en día, os pais (e tamén os avós) dos nenos poden solicitar cartas personalizadas dos Reis Magos, que se lles enviarán aos seus fillos con referencias persoais aos seus logros anuais, aos seus intereses e ás peticións dos regalos. www.cartadosreismagos.com é un servizo oficial establecido polos tres Reis Magos de Oriente para responder de xeito personalizado as cartas dos nenos e das nenas de todo o mundo.